(@s alumn@s de 2º de Música do IES “Coroso” de Ribeira)
Vaia, a piques estou de soltar unhas bagoas da emoción!! Qué ledicia!! Tanto ánimo encolleume o corazonciño… Cántas mensaxes teño no blog!!! Cómo é posible se o abrín fai nada!?!… e xa está a rebentar de comentarios!! … e todos son de ánimo e bos desexos!! Jo, QUERO VOLVER XAaaaa A COROoooooSO!!!
Teño boas e malas noticias para todos vós: a boa é que gracias a Deus estou enteira (tirando máis ben a cor berenxena, pero enteira ó fin e ó cabo), e co suficiente bo humor como para rirme da pinta que teño co collarín e o cabestrillo, pero a mala noticia é que agora comezará un longo proceso de recuperación que vos vai repercutir directamente, xa que non queda máis remedio que solicitar un ou unha sustituto/a de música, para que non perdades moitas clases, así que haberá que agardar por él ou ela a ver qué pasa, aínda que estou convencida de que vos gustará a tod@s moito, xa veredes… Ademáis intentarei coñecelo/a tamén eu persoalmente en canto estea por ahí para falarlle moi ben de tódol@s meus alumn@s, que son magnífic@s, estupend@s, saladísim@s, e do mellorciño que levo visto ata agora, tan tan traballadores… (estoume pasando un pouquechiño, non sí? bueno, éche a emoción dos vosos saudiños que me enterneceron…) O que me inqueda algo é precisamente que vos guste tanto, tanto, unha vez que @ coñezades, que non queirades volver a terme convosco… mi madriña que disgusto vou levar…
En fin, agora que xa podemos contactar por vía “blog”, como me acabades de demostrar coas vosas mensaxes, qué vos parece se me tendes informada do que vai acontecendo polo insti?? Eu intentarei recuperarme ben axiña, canto antes, e moi pronto estareivos dando de novo a lata cos meus “repetid este pentagrama hasta que salga perfecto”ou “Aaaaalto, Sileeeencio, collemos de novo o cuarto compaaaaaas” (aiiii, snif, snif… como voto en falta o alboroto das clases e as flautas soando polos corredores…)
Ahh, e o máis importante de todo!! Quérovos ver a tod@s disfrazad@s na festa do antroido deste venres!! Facede tódalas fotos posibles para que eu poida disfrutar tamén das vosas troulas, ainda que sexa a través de imaxes conxeladas… menuda envexa, co simpático que ía ser o meu disfraz… Tendes que pasalo de medo, porque, polo que estiven investigando estes últimos días, o festival promete de verdade: haberá música e premios… Ídelo pasar en grande!!!
Un biquiño a tod@s, e felices vacacións!!

