(@s alumn@s de 2º de Música do IES “Coroso” de Ribeira)
Acabarédes facéndome chorar, puñeteir@s!!
Un destes días contoume un arroasiño (porque por aquí en Ribeira se estilan máis cos paxariños) que andábades escribíndome cartiñas e que vos gustaría entregarmas de man, e coa sorpresa case estoupo a saloucos!!
Ben que me compracería ese desexado encontro, que non aturo tanta espera nin me acougo lembrando o entretido que era estar canda vós aínda que fora a berros coma nas clases para que entre o barullo se me escoitase unha pizca… Vaia se me gustaría voltar ó insti e vervos!!
Pero non pode ser polo de agora, malia o moito que me entristece…
Xa sabedes, nestes asuntos son os médicos quenes dirixen o cotarro e non convén rechistar moito, eles son os que mandan… e temos que obedecer!!
De tódolos xeitos, gustoume tanto a nova dos vosos saúdos que pensei que ben poderiamos, se vos apetece, contactar polo meu correo electrónico (nataliavizcaino@yahoo.es) e saudarnos máis en persoa aínda que non poda ser cara a cara, non sí? Se tendes direccións electrónicas poderiádesme mensaxear dende elas e contarme cómo vos van as cousas estes días, e cómo foi o antroido (que morro coa curiosidade de saber dos vosos disfraces e trouladas durante as vacacións…), e todo o que queirades, que eu, ben contenta, respostarei tódolos emails que reciba…
Que saibades que en canto teña a máis mínima seguridade de que podo voltar canda vós sen perxudicala miña saúde, estarei cravadiña ahí con tódalas miñas gañas de darvos boa guerra, non o dubidedes…
Ademáis, non esquezades que en canto volva, o primeiriño que intentarei facer será levarvos o ximnasio para rompelo corpo bailando!! Que enriba, agora que temos tódolos días clases de danza en “Fama”, pola tele, o menos que podemos facer nalgunha das nosas clases de música será intentar imitar bailaríns (a poder ser sen esnafralo narís), e se non saen os pasos das “coreos” podereime contentar con soltarvos a berros que facedes máis que ”caquitas e cagadas, supercagadísimas”!!!
Un bico e unha aperta ben grande a tod@s!!
O seguide disfrutando da música, que é unha das mellores cousas que temos…

